Festa do Bosque
Domingo 3 de xullo do 2016 Bosque do Añón - Todo o día San Xoán 2016
Festa do Bosque 2015
Dende a súa recuperación para o programa do San Xoán, a Festa do Bosque é unha das citas máis emblemáticas das festas. Pon o punto e final a un mes de celebracións cunha romaría na que as familias e as pandillas de amigos se unen para comer, cantar, escoitar música e convivir no Bosque do Añón, gozando dun programa con citas para todas as idades. Velaquí os horarios:
- 13.00 h. Sesión vermú con EVA e CAMILO
- 16.30 h. Concurso de sobremesas e licores caseiros (Patrocina: Confitaría San Luís)
- 17.30 h. Xogos Populares
- 18.30 h. 112ª Edición do Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel. Inscricións a partir das 17.30 h. (Patrocina: Tien21-Electrodomésticos Lorama)
- 19.00 h. Animación musica a cargo de DJ DAVID
- 21.00 h. Concerto de A BANDA da BALBINA