Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O Mago Teto, no Nadal Pequespectacular

Martes 26 de decembro do 2023 18.00 horas - Pazo da Cultura

Este Nadal teremos en Carballo ao Mago Teto co espectáculo Rock'n'magic, dirixido por Fran Rei. Rock'n'magic é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll.

O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos do noso país, une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construír un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.

Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñanzas e pequenas e grandes ilusións máxicas comparten protagonismo coa música rock. Led Zeppelin, Bob Dylan, Los Suaves e infinidade de rock stars están presentes neste espectáculo a través dunha banda en directo que son o complemento perfecto á maxia do xenial Mago Teto.

Unha gran posta en escena, unha iluminación espectacular, participación do público, humor, maxia son os elementos que fan de Rock'n'magic un espectáculo único, posiblemente a experiencia teatral máis parecida a un concerto de rock.

Duración: 70 minutos
Público familiar
Prezos: 3€ ordinario / 2€ reducido
Organiza Concello de Carballo / Colabora Deputación da Coruña

Venda de entradas:

  • Na billeteira electrónica de www.carballo.gal a partir do luns 11 (máximo 4)
  • Na billeteira do Pazo da Cultura o mesmo día da función desde 90 minutos antes do inicio da función

Compartir: