Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Volve o Xiria Pop con oito concertos de primeiro nivel

Do venres 22 de setembro ata o sábado 23 de setembro do 2023 21.30 horas - Espazo Casino 1889

Esta fin de semana volve o Xiria Pop, un dos festivais veteranos organizados no noso concello, que celebra a súa 26ª edición. O cartel destaca polo seu deseño, obra da artista carballesa Laura Tova, e pola calidade dos oito concertos que poderemos escoitar entre o venres e o sábado no Espazo Casino 1889 neste evento organizado polo Concello, a través das áreas de Turismo e Cultura. O alcalde, Evencio Ferrero, e o representante da asociación cultural O Molete Psicopop, promotor da iniciativa, presentaron o cartel.

Contaremos con grupos galegos, Tesouro (Ourense), Samesugas (Compostela) e Rusty Nuts (Carballo); estatais, Montefurado (Gijón) e Les Rencards (Barcelona), e internacionais, Geraint Watkins (Londres), Moron´s Morons (Varsovia), e Datura4 (Perth-Australia).

Un cartel de luxo con artistas de luxo coma Geraint Watkins, basicamente músico de sesión e de acompañamento, cun proxecto propio máis humilde, pero marabilloso, e que ten un curriculum dificilmente superable, xa que ten acompañado ou gravado con músicos como Paul McCartney, Van Morrison, Mark Knopfler, Rory Galagher, Status Quo, Nick Lowe, Dr. Feelgood, Carl Perkins... e un longo etc. Así mesmo, Datura4 está liderado por un músico importante da escena australiana, Don Mariani, líder de varios proxectos coma The Stems, The Someloves, DM3 etc, e ademais cunha extensa carreira como produtor.

O resto dos grupos teñen tamén unha carreira longa (Samesugas, que teñen cancións editadas ata en Xapón), ou están formados por músicos que a teñen (Tesouro, Montefurado e Les Rencards). Do outro lado, Rusty Nuts, de Carballo, que é un grupo novo, formado por xente moza e que vai dar moito que falar.

O bono para os dous días ten un prezo de 15 euros. O Espazo Casino 1889 abrirá as súas portas ás 21.30 horas.

Compartir: