Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Lois Rivera Quartet, na presentación de Carbajazz

Venres 15 de setembro do 2023 20.30 horas - Espazo Casino 1889

Dentro do convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Fundación Manuel Facal, o Espazo Casino 1889 acolle este venres 15 ás 20.30 horas o proxecto Carbajazz.

Tomarán a palabra Xaime Díaz e Manuel Facal para dar a benvida e falar da iniciativa, que nace coa intención de perdurar no tempo e de dar cabida a músicos de jazz de todo o mundo, pero sobre todo de Galicia e Portugal. De seguido actuará Lois Rivera Quartet, que ofrecerán unha sesión improvisada na que interpretarán diversos temas en directo durante unha hora. O grupo reúne a catro das novas promesas do jazz galego. Tras anos tocando xuntos en diversas formacións, decidiron conformar un grupo moderno, sólido e cun son maduro. O cuarteto está formado polos músicos Lois Rivera aos saxos, Alber Grela á guitarra, Miguel Piñeiro ao contrabaixo e Brais Villar á batería.

PRÓXIMOS ACTOS

  • Xoves 28 de setembro (Espazo Casino 1889, ás 20.30 horas), exposición da carpeta Cenizas del amor - Ashes of love e conferencia de Xavier Seoane sobre A obra de Manuel Facal.
  • Xoves 5 de outubro (Espazo Casino 1889, ás 20.30 horas), reunión cos padroados das fundacións Manolo Paz, Eduardo Pondal e Uxío Novoneyra.
  • Xoves 19 de outubro (Espazo Casino 1889, ás 20.30 horas), mesa redonda sobre As artes plásticas contemporáneas en Galicia, con Correa Corredoira, Manuel Vilariño e Xosé Antón Castro.
  • Venres 3 de novembro (Espazo Casino 1889, ás 20,30 horas), performance ConCerto DesconCerto de Antón Reixa.

Compartir: