A compañía Dulzaro presenta "Lorca, sinfonía del amor oscuro"
Venres 3 de febreiro do 2023 21.00 horas - Pazo da Cultura
A unión de vangarda e tradición caracteriza a Dulzaro. Nútrese das raíces do folclore de Castela, dos seus ritmos e instrumentos, e renóvao cos sons experimentais da electrónica. No espectáculo Lorca, sinfonía del amor oscuro, liderado por unha voz pura e esgazadora, están acompañados da música clásica do cuarteto de corda Ensemble Vigo 430 e tamén podemos atopar referencias ao flamenco, á zarzuela ou á música cinematográfica. Unha proposta singular coa que reivindican a poesía e o imaxinario de Federico García Lorca, trasladándonos a unha nova paisaxe sonora de intensas emocións.
Produción, voz e sintetizadores: Alberto Domínguez.
Percusión: Héctor Varela / Violín: Vania Collazo e Mario Peris / Viola: Miriam Buceta / Violoncello: Margarida Mariño
Duración: 70 min
Público: todos os públicos
Prezo da entrada: 4 € / 3 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios