A película "Tres", no Ciclo Mestre Mateo
Xoves 17 de novembro do 2022 20.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa
Esta semana no Ciclo Mestre Mateo poderemos ver "Tres", unha película dirixida por Juanjo Giménez e producida por Tres La Película Friga Nadir AIE, Frida Films, M-Films e Manny Films, que tivo 6 candidaturas aos Premios Mestre Mateo. Está protagonizada por Marta Nieto, Miki Esparbé, Francisco Reyes, Luisa Merelas, Cristina Iglesias, Fran Lareu, Julius Cotter e Carmen Méndez.
Sinopse: C. (39) é deseñadora de son. Goza co seu traballo. Pasa moitas horas soa, gravando efectos sala, wild-tracks, editando, mesturando. O estudo é o seu último refuxio: un lugar onde postergar as avariadas relacións que mantén coa súa ex parella, coa súa anciá nai e cos seus compañeiros de traballo. Aínda que ela non o sabe, C. esta comezando a desincronizarse. Coma se fose unha película mal sonorizada, o seu cerebro comezou a procesar o son máis tarde que as imaxes.