"Malencolía", un novo título para o Ciclo Mestre Mateo
Xoves 10 de novembro do 2022 20.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa
Volve a Carballo o Ciclo Mestre Mateo coa película Malencolía, que poderá verse o xoves 10 de novembro, ás 20.00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa.
SINOPSE
Sira e Pepe, tras 10 anos vivindo en Berlín, deciden dar un novo rumbo á súa vida regresando a Galicia. Con ese obxectivo, mercarán unha casa nunha aldea que consideran abandonada. Chegados áaldea descobren con sorpresa que teñen unha peculiar veciña chamada Isolina.
Dirixida por Alfonso Zarauza e producida por Maruxiña Film Company, a película obtivo 11 candidaturas finalistas aos XX Mestre Mateo, resultando premiados polos seus traballos os intérpretes Iolanda Muíños e Diego Anido.
O Ciclo Mestre Mateo é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual, en colaboración coas Deputacións de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, así como de varios concellos entre os que figura o de Carballo.
FICHA TÉCNICA
- Duración: 95’
- Produtora: Maruxiña Film Company e TVG
- Dirección: Alfonso Zarauza
- Dirección de arte: Elia Robles
- Dirección de fotografía: Alberte Branco (AEC)
- Dirección de produción: Tamara Soto
- Guión: Alfonso Zarauza
- Reparto: Melania Cruz, Xúlio Abonjo, Iolanda Muiños, Diego Anido, Ledicia Sola, Ricardo de Barreiro, Marta Lado, X.A. Touriñán, Tito Asorey, Déborah Vukusic
- Maquillaxe e perruquería: Raquel Fidalgo, Patricia Vilela
- Montaxe: Fernando Alfonsín
- Son: Javier Pato, David Machado
- Vestiario: Renata Uzal