As Noites de Cine regresan ao Xardín con "Valentina"
Xoves 7 de xullo do 2022 22.30 horas - Praza do Concello
Gañadora do premio Goya á mellor película de animación, esta longametraxe conta a historia de Valentina, unha nena con síndrome de Down que soña con ser trapecista e que aprende da súa avoa que nada é imposible e que nunca debemos perder a ilusión por aprender.
Premios Platino: Nominada a mellor película de animación (2022)
Premios Quirino: Nominada a mellor longametraxe (2022)
Premios Goya: Mellor película de animación (2021)
Longametraxe de animación | Chelo Loureiro | 2021 | 70 min
Entrada libre e de balde
Ciclo Noites de Cine - Verán Cultural
Colabora Deputación da Coruña