Cultura

Cultura

- 2024 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
3
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Visita a exposición "Alberto Gende. Encher o baleiro"

Do venres 11 de marzo ata o luns 11 de abril do 2022 17.00 a 21.00 horas - Pazo da Cultura

Había ben tempo que non podiamos asistir a un acto cultural tan multitudinario coma a inauguración da exposición Alberto Gende. Encher o baleiro, pero a situación sanitaria por fin o permite e o certo é que a ocasión pagaba moitísimo a pena. Porque, coincidindo co seu décimo cabodano, Alberto Gende volveu a estar entre nós a través da exposición e do libro que recollen a súa obra, das palabras que lle dedicaron o seu irmán Juan Félix; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; estivo presente a través da música de Chicharrón e Rosalía Fernández Rial, e das lembranzas dos familiares e amigos que encheron a sala que leva o seu nome.

Os beneficios da venda da primeira edición do libro, practicamente esgotado onte, destinaranse á xunta local da Asociación Española contra o Cancro, que tamén estivo representada no acto.

Se non puideches estar na inauguración, aproveita que a exposición estará aberta ata o 11 de abril e non deixes de visitala. O horario de apertura é de 17.00 a 21.00.

A exposición é unha retrospectiva da súa obra ao longo de 25 anos, pero tamén un percorrido por unha vida ligada á beleza do traballo que o converteu nun creador imprescindible para entender a cultura carballesa recente. Gran parte dese material está recollido no libro que tamén se presenta na inauguración da mostra, na que se exhiben cadros, deseños, fotografías, libros e obxectos persoais que axudan a comprender a figura humana e artística de Alberto.

Ligazóns

Compartir: