Maraya Zydeco, en concerto no Verán Cultural
Venres 13 de agosto do 2021 22.00 horas - Rúa Jacinto Amigo Lera
Maraya Zydeco é unhas das poucas bandas europeas que traballan o xénero cajun, zydeco, e que consegue crear bastante espectación ao escoitar un acordeón interpretando esas músicas, moi próximas á música galega. Maraya é o nome artístico da acordeonista María A. Santiago que, aínda que procede do contexto clásico, sempre tivo especial sensibilidade por este estilo fortemente irmanado coa nosa música tradicional.
En directo o cuarteto tamén relembra aos clásicos, achegando a súa visión particular dos máis grandes referentes do xénero, coma Clifton Chenier, Buckwheat Zydeco ou Rosie Ledet, entre outros.
Entrada libre e de balde ata completar aforo.
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña