Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Nadal Pequespectacular: Oviravai presenta "Paio e o poder da música"

Domingo 27 de decembro do 2020 18.00 horas - Pazo da Cultura

A tripulación da nave soñadora, comandada por Roni, Riki e Chamico, afronta o emocionante reto de conseguir que o seu amigo, o Oso Aurelio, recupere a súa cabeciña. Unha trama chea de música e divertidas coreografías. Oviravai presenta un divertido espectáculo de gran formato que trata temas tan actuais como o bullying, a igualdade ou a reciclaxe. Canta e baila co teixugo máis aventureiro do mundo!

Intérpretes: Verónica Santalices, Federico Welicki, Erika Welicki, Xacob Welicki, Carlos Gil, Jesús Alonso, Plácido García, Noa Covelo e Iván Davila
Vestiario: Adanegra Taller
Escenografía: Diego Valeiras
Música, coreografía e autoría: Verónica Santalices, Federico Welicki
Dirección: Federico Welicki

Duración: 70 minutos
Público: 3 a 10 anos
Entradas: 4€ prezo ordinario / 3€ prezo reducido
Venda directa de entradas na billeteira do Pazo da Cultura os días de función desde ás 16.30 h. 
Poñeranse á venda 62 entradas por cada función: 52 dobres destinadas a persoas convivintes e 10 entradas individuais destinadas a espectadores de máis de 10 anos.

Organiza: Concello de Carballo
Colabora: AGADIC (R.GALEGA TEATROS)

Vídeos

Compartir: