Cultura

Cultura

- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Gala final do XIX Concurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís"

Domingo 10 de novembro do 2019 18:00 horas - Auditorio Pazo da Cultura

As voces de 360 nenos e nenas, mozos e mozas, levaron o teatro aos fogares de todos os recunchos de Bergantiños a través das ondas radiofónicas durante a 28º edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT).

Grazas ao apoio dos centros escolares de Primaria e Secundaria de toda a comarca, o alumnado realizou interpretacións lidas de fragmentos de textos teatrais na emisora Radio Voz, colaboradora nesta singular e xa tradicional iniciativa enmarcada na programación do festival carballés.

Agora é a quenda de premiar aos finalistas da presente edición. Será este domingo 10 no auditorio do Pazo da Cultura nun acto ao que estades todos convidados/as e que contará con Caxoto Contacontos como mestre de cerimonias e protagonista da sesión de contacontos, que amenizará o evento. Ademais dunha experiencia radiofónica inesquecible, o XIX Concurso Escolar de Teatro Lido repartirá entre os galardoados/as premios por un importe total de 850 €.

A continuación terá lugar unha chocolatada para todos os/as participantes, que, ademais, recibirán un diploma que poderá ser recollido polos representantes de cada grupo ao finalizar o acto. 
Non volo perdades!!

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Asociación Cultural Telón e Aparte
Colabora: Radio Voz Bergantiños e Libraría Brañas Verdes.

Compartir: