Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O Teatro en Ruta regresa aos centros sociais de Carballo

Sábado 9 de novembro do 2019 20:00 horas - Centro Social de Cances

A Concellaría de Cultura volve a contar coa colaboración da compañía de teatro afeccionado Vagalume Animación para levar o teatro ás parroquias. Despois das sesións de baile con música en directo que celebraron durante o mes de outubro nos centros sociais, agora chega a quenda do Teatro en Ruta.

A primeira función terá lugar este sábado 9, ás 20.00 horas,  no Centro Social de Cances, onde poderemos ver a obra “Aleluia”. A entrada será de balde e libre ata completar aforo.

A Concellaría de Cultura quere seguir estendendo este tipo de iniciativas, sempre en colaboración co movemento asociativo, pola cada vez máis ampla rede de centros sociais do noso concello. 

Non faltes!

Organiza: Concello de Carballo
Colabora: Vagalume Animación

Compartir: