Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O clown Antón Coucheiro presenta "Sonámbulo", un show de rúa para toda a familia

Venres 16 de agosto do 2019 20:00 horas - Xardín Municipal

A programación do Verán Cultural deixaranos este venres unha divertidísima proposta para desfrute de toda a familia. Da man da Concellaría de Cultura e a Deputación da Coruña, o polifacético clown Antón Coucheiro chega a Carballo para presentar Sonámbulo, o seu último espectáculo de rúa no que o humor sen palabras, a improvisación, os efectos visuais e a participación do público resultarán fundamentais.

Pequenos/as e maiores gozarán coma nunca dun show a bordo dunha cama, unha absurda comedia absurda, unha viaxe imaxinaria ao "far west", o soño dun bufón entrañable e cascarrabias que non consegue durmir. Un paiaso insomne que conta ovellas, que non sabe poñerlle a funda ao nórdico, que toca os cencerros e non para de xogar con todo o que pasa. Pero, quen está desperto/a, quen durme e quen soña? Se queres descubrilo, mellor será que non faltes!! Agardámoste!

Antón Coucheiro é clown, actor, director, dramaturgo e pedagogo con máis de quince anos de traxectoria profesional, tanto nas artes escénicas como na televisión. Desde hai doce realiza espectáculos de rúa cos que percorre as principais cidades e vilas do país. Así mesmo, tamén imparte cursos de clown e improvisación que compaxina coas súas aparicións en festivales de España, Portugal, Rep. Checa, USA, Brasil, Mozambique, Cuba, Colombia, Perú ou Costa Rica.

Público: Familiar
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir: