Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A escritora María Reimóndez será a pregoeira da Praza dos Libros

Xoves 11 de xullo do 2019 12:30 horas - Xardín Municipal

A autora luguesa María Reimóndez será a encargada de ler o pregón co que se inaugurará unha nova edición da Praza dos Libros.

Tradutora e intérprete de profesión, o de María Reimóndez Meilán (1975) pola literarura é auténtica vocación e paixón. Escribe desde que tiña seis anos e desde a súa primeira publicación en 2002- cun poemario titulado "Moda Galega"- son moitos os premios e recoñecementos que leva acumulados ao longo da súa traxectoria profesional: Rúa Nueva, Minerva, XXXI Premio Xerais de Novela por "Dende o conflito" (Xerais, 2014), "XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz con "A dúbida" e, entre os últimos, o I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual por "Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure".

Foi fundadora da organización non gubernamental de cooperación internacional Implicadas/os no Desenvolvemento así como da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, ademais de colaboradora de opinión na plataforma dixital Vieiros e en A Nosa Terra. Tamén forma parte do grupo de investigación Feminario de Investigación: Feminismos e Resistencias (Teorías e Prácticas) da Universidade de Vigo, onde realiza unha tese sobre a interación do feminismo, poscolonialismo e a tradución.

Cultiva tanto a narrativa e a poesía como o ensaio e o teatro. Da súa autoría son algúns dos títulos de literatura infantil máis aclamados polo público miúdo como "Usha", "O club da calceta", "Lía e as zapatillas de deporte" (Xerais, 2008), "O Monstro das palabras" (Xerais, 2009) e "Volvo! O regreso de Usha" ademais de seis libros infantís sobre as comarcas galegas publicados na Editorial Everest. Para o público adulto destacan obras como "Pirata" (Xerais, 2009) ou "En vías de extinción" (Xerais, 2012). En 2013 regresou á poesía coa publicación de tres poemarios: "Presente continuo", "Moda Galega Reloaded" e "kleinigkeiten/cousiñas". 

Compartir: