Cultura

Cultura

- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Xacarandaina pechará a XVII Primavera en Danza

Domingo 12 de maio do 2019 20:30 horas - Auditorio Pazo da Cultura

A XVII Primavera en Danza despedirase con sabor galego. O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina subirá ao escenario do Pazo da Cultura para realizar unha exhibición do máis puro folclore tradicional de toda Galicia. Desde 1978 a formación está a traballar na recuperación das nosas raíces e froito dese labor contan cun amplo repertorio de baile e música tradicional, que acada xa os 150 bailes e outras tantas pezas de música.

Xacarandaina é o máximo expoñente dos ideais de conservación, divulgación e dignificación do folclore de Galicia. En cada actuación ofrece unha coidada escenografía, cunha gran riqueza e diversidade de vestiario de toda a xeografía galega. Na actualidade, conforman o grupo uns 60 compoñentes, na súa maioría procedentes da escola da agrupación, dirixida por Henrique Peón Mosteiro.

Non vos perdades este espectáculo pensado para gozar cos cinco sentidos. 

Público: Todos os públicos
Entrada: 3€/2€
Duración: 75 min.
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación Provincial da Coruña

Compartir: