Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Exposición de caricaturas de Siro López sobre a Transición

Do xoves 17 de xaneiro ata o domingo 3 de febreiro do 2019 De 17:00 a 21:00 horas - Andar 1º e 3º Pazo da Cultura

Xa podes visitar a exposición de caricaturas do pintor, escritor e caricaturista Siro López sobre o 40 aniversario da Constitución, patrocinada pola Área de Cultura da Deputación da Coruña. A mostra, que está composta por 117 debuxos acompañados de textos explicativos sobre o contexto histórico que describen, desde a época da Transición española ata a aprobación da Constitución en 1978, ten entre o seus protagonistas ao rei Juan Carlos, Adolfo Suárez, Calvo Sotelo, Felipe González, Santiago Carrillo, Manuel Fraga Iribarne, Xerardo Fernández Albor ou Francisco Vázquez. 

O camiño á Constitución é unha metáfora plástica na que o gran debuxante demostra o talento e sutil enxeño co que retrata os alporizados anos que levaron a España á democracia. Non perdas a ocasión de coñecela de primeira man. Paga moito a pena!

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Área de Cultura Deputación Coruña
Colabora: Concello de Carballo

Compartir: