Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

XIII Festival Pop-Rock "Live in Cances"

Venres 9 de novembro do 2018 22:00 horas - Local Social de Cances

Esta semana arrinca a programación de Novembro con Música, unha iniciativa da Concellería de Cultura para poñer en valor o traballo das agrupacións locais do noso concello. E que mellor maneira de comezar que cunha das citas máis agardadas polo público carballés e con longa tradición xa no noso municipio: o festival pop- rock Live in Cances, que este ano acadará a súa 13ª edición.  

Nesta ocasión, os encargados/as de facer gozar aos asistentes do mellor da música pop-rock serán Versión Imposible, Lowcos, Dude e Psychofonia, que sorprenderán ao público cos seus últimos traballos e os directos máis espectaculares.

Se che gusta a música e es fan dos nosos grupos locais, non perdas a oportunidade de desfrutar dunha velada perfecta na mellor compañía. Diversión e animación están aseguradas!

Entrada: Libre e de balde
Organiza: AC San Campio de Cances
Colabora: Concello de Carballo

Compartir: