Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O escritor Antonio Manuel Fraga presenta "A Virxe das areas"

Xoves 11 de outubro do 2018 19:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Antonio Manuel Fraga é un escritor galego, nacido en Pontedeume, ao que a literatura namorou ao seu regreso da emigración. E, dende entón, o seu foi paixón polas letras. Este enxeñeiro técnico industrial gañou o seu primeiro premio en 2013 ao facerse co X Certame de microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña grazas a O Castañeiro de Abril, libro galardonado con el Premio Merlín de Literatura Infantil 2013. Posteriormente, publicou outros títulos dirixidos a lectores infantís e xuvenís como Xildas, Tártarus ou O capitán Maimiño. A continuación, o seu palmarés foise enchendo de recoñecementos tan destacados como o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica ou o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria ou, en 2018, o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil por O bestiario científico de Anxos Nogueirosa. 

A Virxe das Areas supón a súa segunda incursión na narrativa para adultos tras Querido H. P. Lovecraft. Esta semana, o seu autor achegarase ata a Biblioteca de Rego da Balsa para compartir co público algúns dos misterios que envolven a súa última obra, unha historia fantástica, de intrigas, afectos e horror que prenderá ao lector desde a primeira liña.

Sinopse: O misterio chega a Vilar de Sembra cando, preto da ermida da Nosa Señora das Areas, dúas veciñas encontran a Norma Lago, unha moza que levaba anos fóra da vila. Desorientada e vestida só cun camisón branco, Norma camiña con tan poucos folgos que acaba por se esvaecer sobre os seixos da praia. O xubilado Paco Louro mergúllase no pasado da vila para tratar de clarexar o enigma que arrodea a aparición da rapaza.

Entrada: Libre e de balde
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir: