Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ron Lalá, Premio do Público 2016, de estrea no FIOT

Xoves 11 de outubro do 2018 21:00 horas - Pazo da Cultura

Humor cítrico, ritmo desenfreado, poesía, música, gargalladas, provocación e un espírito xuvenil son os ingredentes principais de Crimen y Telón, a nova comedia musical que a compañía madrileña Ron Lalá presentará no FIOT en estrea absoluta para Galicia. Despois de converterse nun premiado referente nacional pola actualización do teatro clásico, volven a Carballo cun xiro ao xénero negro no que plasman a súa identidade, tan querida polos fioteiros e que xa lles valera en 2016 o Premio do Público do FIOT coa obra Cervantina. Pero o seu palmarés está repleto de éxitos e galardóns tan importantes como o Premio Max ao Mellor Musical e á Mellor Empresa/Produción privada de ArtesEscénicas. 

Sinopse: O teatro morreu e o detective Noir ten que descubrir o asasino antes que a Axencia Anti Arte desvele o segredo do seu escuro pasado. Para iso, percorrerá a historia do Teatro na procura de verdades ocultas, mentres unha rede de misteriosos personaxes conspiran na sombra…Un thriller ambientado nun próximo futuro no que as artes están prohibidas e o noso planeta é liderado por unha intelixencia artificial cun exército de drons. Unha investigación a contrarreloxo na que calquera pode ser culpable. Mesmo os espectadores! Se queres ser ti un/ha deles/as, vémonos no patio de butacas!

Intérpretes: Juan Cañas, Íñigo Echevarría / Jacinto Bobo, Fran García, Miguel Magdalena e Daniel Rovahle Vestiario: Tatiana de Sarabia Iluminación: Miguel A. Camacho Técnico de luces: Javier Bernat Dirección musical: Miguel Magdalena Son: Eduardo Gandulfo Asistente técnico e rexidoría: Ion Martinkorena Deseño de produción: Ron Lalá / Emilia Yagüe Dramaturxia: Alvaro Tato Dirección: Yayo Cáceres

Público: Recomendada a partir de 12 anos
Entrada: 15€
Duración: 100 min

Programación FIOT27

Compartir: