Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Exposición bibliográfica de Xoán Manuel López Eirís

Do martes 9 de outubro ata o mércores 31 de outubro do 2018 10.30 a 20.30 - Biblioteca Rego da Balsa

O fondo bibliográfico cedido polo escenógrafo e actor carballés, afincado na Coruña, Xoán Manuel López Eirís (1954-2017) forma parte da exposición Biblioteca de Xoán Manuel López Eirís: o exlibris do teatro, unha selección de parte do seu valioso legado, integrado por 600 libros, na súa maioría de historia, arte e teatro, pertencentes á súa colección privada. 

En plena celebración do FIOT e a piques de cumprirse un ano do seu pasamento, o Concello de Carballo rende así a súa particular homenaxe a quen fora un veterano do teatro galego independente e seguidor incondicional do noso festival máis internacional.

Aínda que desenvolviu a súa traxectoria profesional no sector da banca, Eirís participou, a finais dos 70 na creación da Escola Dramática Galega e estivo vencellado durante anos a Casahamlet. Ademais, publicou varios traballos entre os que destacan O teatro de ópera chino e produciu en vídeo unha obra do seu amigo e compañeiro Manuel Lourenzo, Xograr de Outono 2018. O vindeiro mes de novembro cumpriranse catro anos da cesión do seu fondo bibliográfico, que el mesmo achegou durante unha visita polas instalacións.

A exposición, que será de balde, permanecerá aberta ao público ata o vindeiro día 31.

Organiza: Concellería de Cultura



Compartir: