Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Malabares, clown e risas con Peter Punk

Sábado 29 de setembro do 2018 13:00 horas - Mesón A Cabaña

Gústanche os espectáculos de clown? Pois esta semana a programación do FIOT achegaranos, a través da Rúa dos Contos, o humor máis traveso e fresco de Peter Punk ou o que é o mesmo Isaac Rodríguez, un dos paiasos galegos máis polifacéticos e enxeñosos do momento.

Chegado do país de Nunca Máis, Peter Punk é un neno que se nega a medrar. Xogando co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que saca da súa maleta: bolas, mazas, aros e un monociclo co que fará as acrobacias máis incribles, xogándose a vida con fachos de lume. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no que a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público. Valo perder?

Público: Todos os públicos
Entrada: De balde

Proramación FIOT 2018

Compartir: