Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Luns, de Eli Ríos, na Praza dos Libros

Domingo 8 de xullo do 2018 Ás 21:00 horas - Xardín Municipal

Luns (Ed.Xerais), da escritora Eli Ríos, pechará o ciclo de presentacións literarias que teremos todos os días na Praza dos Libros. Acompañada pola escritora Mercedes Queixas e a vicepresidenta da Deputación da Coruña Goretti Sanmartín (tamén escritora), a autora desvelaranos a incrible historia que agocha tras de si esta obra coa que gañou o Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega e coa que se estreou como autora de ficcion para adultos. 

Eli Ríos é unha escritora galega afincada en Cambre, que ademais colabora en diversas obras colectivas e realiza obradoiros de escrita así como contacontos infantís. Tamén forma parte da revista dixital de crítica literaria A Sega

Ás 22:00 horas rematará a Praza dos Libros logo de catro días de intensa actividade cultural con propostas para todos os gustos e idades: música, libros, animación, concertos, contacontos, imaxinación e moita creatividade. Vémonos o ano que vén!

Compartir: