Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Miro Villar presenta "Dorna Saudal"

Domingo 8 de xullo do 2018 20:00 horas - Xardín Municipal

A Praza dos Libros será escenario da presentación do libro Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata (Fervenza), unha compilación dos textos poéticos do escritor nado en Laxe (1886-Bos Aires, 1953) relacionados co mar e, especialmente, coa Costa da Morte. Estudo, edición literaria e notas do libro son obra do escritor ceense Miro Villar (1965), que estará presentando o seu último traballo acompañado polo xornalista Xosé Ameixeiras.

Miro Villar é profesor de lingua e literatura galegas, poeta, narrador e crítico literario. Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada coa tese «A poesía galega de Antón Zapata García. Edición e estudo». Tamén ten formado parte do Batallón Literario da Costa da Morte.

Compartir: