Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Aberta ao público a exposición do XX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Do xoves 3 de maio ata o xoves 31 de maio do 2018 De 17 a 21 horas - 3º Andar Pazo da Cultura

Xa se pode visitar a exposición fotográfica da XX edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís na que se recolle unha ampla selección das 236 obras presentadas a concurso, ademais das instantáneas premiadas: Introspección 3, de Ángel Atanasio Rincón (primeiro premio); Azul, de Martiño Martínez Porto (segundo premio); Acuarela de Razo, de Juan Rodríguez Pazos (Premio Especial Carballo); Dobrar o tempo, de Antonio Gutiérrez Pereira (accésit).

Durante as vindeiras semanas, todas as persoas que o desexen poderán visitar de balde esta mostra, na que, ademais de participar un elevado número de artistas galegos, haberá unha ampla representación de traballos procedentes do resto de España. Unha proba do prestixio e recoñecemento que está a acadar esta actividade ano tras ano. Non perdas a oportunidade de desfrutar dunha experiencia única.

Participación: Público en xeral
Entrada:
Libre e de balde
Organiza
: Concellería de Cultura

Compartir: