Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Os carballeses de Larkhill e o escocés Alasdair Roberts, no Curruncho Pop

Sábado 17 de marzo do 2018 20.30 - Biblioteca Rego da Balsa

Os/as seguidores/as do Curruncho Pop terán o sábado 17 unha nova oportunidade de gozar da música de bandas alternativas de dentro e fóra do noso concello.

Dos de dentro contaremos con Larkhill, o grupo carballés formado por Pablo Moreira (guitarra), Daniel López (baixo), Gonzalo Fernández (guitarra) e Alita (acordeón), que interpreta un folk escuro e moi persoal. Teñen publicado en bandcamp o EP Earth Communitas, e están a piques de sacar o seu primeiro longa duración.

E desde fóra chegará o músico escocés Alasdair Roberts, toda unha lenda do folk. Lanzou varios álbums baixo o nome Appendix Out e, desde 2001, baixo o seu propio nome. Tamén é coñecido polas súas frecuentes colaboracións con outros músicos como Will Oldham, Jason Molina, Gerard Love ou Isobel Campbell, e tamén por ser membro do grupo folk The Furrow Collective.

A entrada a todos os concertos será de balde, pero, debido ás limitacións do aforo, será preciso reservar con anterioridade a través do teléfono 981 758 580. Só se reservarán un máximo de catro pases por persoa.

Compartir: