Laura Lizancos, nos Cafés con cooperantes da Cruz Vermella
Venres 16 de febreiro do 2018 19.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa
![](../media/img/cafe.png)
Cruz Vermella continúa coa iniciativa Cafés con cooperantes, un ciclo de faladoiros con persoas expertas en cooperación internacional, que estiveron en países en conflito ou en vías de desenvolvemento.
A convidada desta semana será Laura Lizancos. É a coordinadora de accións en terreo de Families 4 Peace, unha asociación dedicada a axudar ás persoas refuxiadas que desenvolve campañas de axuda humanitaria en países como Grecia, Italia, Macedonia ou Hungría.
As persoas que o desexen poderán compartir un café con ela e coñecer a súa experiencia coa cooperación e as claves do seu traballo actual.