Inicio Carballo ao día Axenda

Axenda


Eu quero Razo Baldaio

Roteiro nocturno

Sábado 13 de agosto do 2022 De 22:30 h a 01:30 h no Espazo da Natureza de Oza euqueroRB

Andaina nocturna que terá como marco a paisaxe noctura da costa dende Monte Neme e o achegamento básico a elementos salientables que saen na noite, como as estrelas, os anfibios. Visitaremos a Eira das Meigas.

Noite de astronomía

Venres 19 de agosto do 2022 Baldaio euqueroRB

Dende a Ponte de Baldaio, os participantes poderán recibir as nocións básicas para poder desfrutar de observación das estrelas.

FESTA DA PRAIA

Sábado 20 de agosto do 2022 De 12h a 15h na Praia de Razo euqueroRB

Este ano introducimos outra novidade, celebraremos a “FESTA DA PRAIA”, unha actividade para desfrutar en familia que contará con más de 25 xogos diferentes, carpas, musica, fornos solares, circo e moitas sorpresas mais.

Eu quero Razo Baldaio

As orixes da costa de Carballo

Sábado 20 de agosto do 2022 De 10:30 h a 13:30 h en Razo, fronte ao Bar Cordobés euqueroRB

Ruta xeolóxica de carácter interpretativo visitando o spuntos máis interesantes da costa. Faias, praia fósil, ou a formación da lagoa son alúns dos puntos salientables deste percorrido.

Simulacro de cetáceos

Xoves 25 de agosto do 2022 De 10:30 a 13:30 h na praia de Razo euqueroRB

O colectivo CEMMA faranos unha actividade na que aprenderemos como un grupo de persoas debe intervir no caso de que se atope un cetáceo varado na beira do mar.

Compartir:


- 2020 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
20
22