Inicio Carballo ao día Axenda 35 expositores participan durante a fin de semana...

35 expositores participan durante a fin de semana en Expo Voda

Do sábado 11 de novembro ata o domingo 12 de novembro do 2017 11.00 a 20.00 horas - Mercado Municipal

O mercado municipal de Carballo volve a abrir as súas portas a un dos eventos con máis glamur do ano: Expo Voda.  A quinta edición do Salón de vodas, comuñóns e celebracións que organiza o Centro Comercial Aberto (CCA) celebrarase os días 11 e 12 de novembro, de 11.00 a 20.00 horas.

Para conmemorar este quinto aniversario a entrada a Expo Voda será, por primeira vez, de balde. E, ademais, o público non só non terá que pagar, senón que ademais poderá participar nos sorteos de dúas fins de semana en parella que se realizarán tanto o sábado como o domingo ás 19.30 horas. 

Expo Voda será moi semellante ás catro edicións anteriores, con 37 stands de 35 empresas de sectores moi variados pero que son imprescindibles para calquera celebración.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4