Xuntanza do Consello Parroquial de Goiáns
Xoves 23 de novembro do 2023 20.00 horas - Escola de Goiáns Participación veciñal Consellos Parroquiais
O Consello Parroquial de Goiáns celebra unha nova xuntanza para seguir avanzando na planificación das melloras precisas na parroquia. O consello está integrado por representantes dos grupos políticos municipais, colectivos veciñais e cidadáns e cidadás a título individual, pero está permanentemente aberto a posibles incorporacións.