Inicio Carballo ao día Axenda Arranca "Vive o deporte, desfruta do...

Arranca "Vive o deporte, desfruta do baloncesto na túa parroquia"

Sábado 9 de setembro do 2017 11 horas - Pistas deportivas de Berdillo Deporte

O Concello de Carballo súmase a unha campaña promovida pola Escola Basket Xiria para descentralizar a actividade deportiva. A iniciativa, que ten como lema “Vive o deporte, desfruta do baloncesto na túa parroquia”, conta tamén co apoio dos Consellos Parroquiais e do movemento asociativo e veciñal de Berdillo, Sísamo e o barrio da Brea, así como da Deputación da Coruña e do Pazo do Souto. O obxectivo é múltiple: achegar o baloncesto ás parroquias, promover a práctica deportiva na contorna rural e poñer en valor as instalacións existentes fóra do casco urbano.

A primeira sesión será o sábado 9 nas pistas deportivas situadas xunto ao centro social de Berdillo, onde xogarán a partir das 11 horas os equipos infantil feminino e masculino da Escola Basket Xiria e todas as persoas, de todas as idades, que queiran sumarse.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31