I Desafío Milagrosa, unha carreira de obstáculos polo barrio
Sábado 2 de setembro do 2017 9.30 horas - Praza da Milagrosa
Este ano as festas da Milagrosa comezarán con deporte grazas á iniciativa da Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Profesionais do Barrio da Milagrosa, que convidan a toda a veciñanza a participar no I Desafío Milagrosa. Consiste nunha carreira de obstáculos ao longo dun circuíto de 1.000 metros de lonxitude que discorrerá pola contorna do parque. O prazo de inscrición está aberto ata o día 31 de agosto a través dunha ligazón que atoparedes na páxina de Facebook da asociación (https://www.facebook.com/milagrosabarrio/). Hai un límite de 200 prazas, e a participación é de balde.
![](media/../media/img/Desafio_Millagrosa_350x.jpg)
Para poder participar é preciso ter 16 anos. Os menores de idade terán que formalizar un documento de consentimento paterno. A carreira disputarase por un sistema de quendas cada 10 minutos, e cada unha delas constará de 10 corredores aproximadamente. A orde de saída será por orde de inscrición. Nos días previos á proba, publicaranse os nomes dos membros de cada lote na páxina web da Asociación de Empresarios da Milagrosa. O regulamento completo figura no documento adxunto.
Haberá medallas para todas as persoas que cheguen á meta, e os tres primeiros nas categorías masculina e feminina recibirán trofeos. Os organizadores poñerán a disposición dos/as deportistas servizos de duchas, avituallamento líquido e animación durante o percorrido.