Inicio Carballo ao día Axenda Exposición do XIV Certame de Artes...

Exposición do XIV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo

Do sábado 11 de febreiro ata o martes 28 de febreiro do 2017 17.00 a 21.00 horas - 3º andar do Pazo da Cultura Cultura

A exposición do XIV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña, chega a Carballo. A mostra está composta por obra de 14 artistas seleccionados polo xurado entre os 169 que se presentaron ao certame. Raúl Álvarez, Paula Aneiros, María Blanco, Pedro Bueno, Diego Cabezas, José Manuel Castro López, Felix Fernández, Alina Granados Ana Lamuño, María Meijide, Xosé Luis Otero Becerra, Rilo, David Catá e Vítor Rodríguez Espiñeira son os nomes dos e das artistas aos que a Deputación adquiriu obras que pasan a formar parte do seu patrimonio e compoñen a mostra. Xunto elas hai outras pezas seleccionadas polo xurado.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D