Faladoiro: O cómic francófono
Xoves 21 de abril do 2016 20:00h na Biblioteca Rego da Balsa Cultura
![O cómic francófono O cómic francófono](media/../media/img/frances1.jpg)
Faladoiro para todos os públicos coa ilustradora da Asociación Crea Formas Cristina Castro. Abordaranse as características das principais personaxes do cómic de fala francesa, dende Astérix e Obélix ata Tintín ous Os Pitufos. Esta cita forma parte do programa de actividades da Biblioteca Rego da Balsa para os meses de abril, maio e xuño de 2016.
Entrada libre. Organiza a Asociación de Irmanamento de Carballo con L'Isle Jourdain.