Inicio Carballo ao día Axenda Exposición "Un mar de...

Exposición "Un mar de sensacións"

Do venres 27 de xaneiro ata o domingo 19 de febreiro do 2017 17.00 a 21.00 horas | Pazo da Cultura (andar -1) Cultura

"Un mar de sensacions" é un compendio de rutas e poemas en forma de libro-guía para descubrir a Costa da Morte, un traballo conxunto de Xan Fernández Carrera e Rosalía Fernández Rial publicado no ano 2012 polo Semescom. Na exposición homónima, que poderemos ver no andar -1 do Pazo da Cultura, os artistas Chiña e Mon Lendoiro recompilan eses poemas para darlles forma plástica.
O resultado son composicións feitas con moito agarimo e sensibilidade, coma unha homenaxe ao mar, aos mariñeiros e á Costa da Morte.

O acto de inauguración terá lugar este vernes 27, ás 20.30 horas, e contará coa presenza do concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e os autores das obras, Chiña e Mon Lendoiro. Así mesmo, intervirán os poetas RosalíaFernández Rial e Paco Souto.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D