Inicio Carballo ao día Axenda Concerto infantil Pitusa Semifusa

Concerto infantil Pitusa Semifusa

Domingo 27 de novembro do 2016 Pazo da Cultura - 18.00 h. Lingua

Pitusa Semifusa

Ven coñecer con Pitusa Semifusa os instrumentos da gran familia da música. E a cantar e bailar con ela. Coa rapaza máis cantareira que nunca houbo no mundo! Pitusa Semifusa é un Libro-CD infantil de Olga Brañas, nado no seo da colección Sonárbore da Editorial Galaxia. Sérgio Tannus encárgase da producción musical, e Leandro Lamas das ilustracións.  Para materializar o proxecto, preto de 40 dos mellores músicos do panorama galego poñen con moito cariño as notas nos pentagramas de Pitusa Semifusa.

PARTICIPACIÓN: público familiar con nenos/as de 1-8 anos. É necesario recoller convite a partir do 16 de novembro, de balde, na Biblioteca Rego da Balsa (de 10.30 h a 20.30 h), na Ludoteca (de 17.00 h a 19.00 h) ou no Pazo da Cultura (de 10.00 h a 14.00 h). Máximo 4 convites por persoa.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D