Inicio Carballo ao día Axenda Obradoiro "Viaxe ao mundo da arte" con...

Obradoiro "Viaxe ao mundo da arte" con Emi de las Heras

Sábado 19 de novembro do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 10.00h Cultura

Viaxe ao mundo da arte

A artista carballesa Emi de Las Heras, da Asociación Crea Formas Artísticas, realiza unha viaxe polo mundo da arte con 15 nenos e nenas de 7 a 14 anos no seu obradoiro, que imparte os sábados de 10.00 a 13.00 horas na Biblioteca Rego da Balsa do 5 de novembro e até o 3 de decembro. Trátase dun percorrido que comeza coas pinturas murais do antigo Exipto e que se espalla polas artes decorativas gregas e romanas, polas vidrieiras góticas, e por outros moitos períodos artísticos ata chegar á arte contemporánea.

A actividade é de balde.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D