Inicio Carballo ao día Axenda Obradoiro de educación sensorial

Obradoiro de educación sensorial

Xoves 3 de novembro do 2016 Pazo da Cultura - 18.00 h. Lingua

Apego

O proxecto Apego oferta un obradoiro de educación sensorial, un espazo de encontro para dotar ás nais e aos pais de coñecementos de crianza e estimulación que poidan aproveitar nas súas casas a través de xogos educativos e de estimulación axeitados, dinámicas de educación sensorial, técnicas para incentivar de maneira respectuosa o desenvolvemento psicomotor e pautas para o acompañamento respectuoso dos/as bebés.

Participación: pais, nais e bebés (até 12 meses). Poden participar un máximo de 12 bebés acompañados de dúas persoas adultas. Inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística ou no enderezo electrónico <nelvidal@carballo.org>, achegando os seguintes datos:

  • Nome da nai e/ou pai.
  • Nome do/a bebé.
  • Tempo que ten o/a bebé.
  • Teléfono e enderezo electrónico de contacto.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D