Inicio Carballo ao día Axenda "Mucho que decir y poco que contar" con...

"Mucho que decir y poco que contar" con Javier Guillén e Javier Manjarín

Venres 28 de marzo do 2025 19.30 horas - Casino 1889 Deporte

Xplore Galicia convídate a revivir unha das historias máis dramáticas do fútbol español coa presentación do libro Mucho que decir y poco que contar, de Javier Guillén, xornalista cunha longa traxectoria en Gol TV o Deportes Cuatro. Acompañará ó autor Javier Manjarín, exfutbolista do Deportivo, parte do lendario Súper Depor e testemuño de excepción daquel fatídico día.

Trinta anos despois do penalti que privou o Dépor da súa primera liga, este libro reconstrúe aquel momento a través de máis de 200 testemuños de xogadores, adestradores, xornalistas e afeccionados. Ademais, inclúe material inédito que achega nova luz sobre o acontecido. Inclúe breve documental onde ex-xogadores do Deportivo e do Valencia, ademais de xornalistas e afeccionados, reviven aqueles días e o boom que supuxo o nacimento do Súper Depor.

Compartir:


- 2025 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D