Curruncho Pop: Os Veludos Soterrados en concerto arredor do libro "The Velvet Underground"
Sábado 26 de abril do 2025 19.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua
A Biblioteca Rego da Balsa presenta o libro The Velvet Underground, de Rafa Cervera, con Pedro Granell e un concerto de Os veludos soterrados. A Velvet é unha das bandas esenciais da historia do rock and roll, das primeiras que lle demostraron á mocidade que para tocar só tiña que haber interese por facelo, que o resto viña só. Empezaron a tocar na segunda metade dos sesenta e convertéronse nos protexidos de Andy Warhol, que foi o seu manager. Foi unha banda de culto ata a súa disolución, e posteriormente asistimos ao trunfo en solitario de Lou Reed, o seu cantante e compositor fundamental, e de John Cale, o músico máis experimental da banda e mesmo da súa época. Pedro Granell, gran fan, será quen de falarnos deles e do libro escrito por Rafa Cervera, que non pode acudir.
+info e reservas:
- 981758580
- <biblioteca@carballo.gal>