Inicio Carballo ao día Axenda "O son do nordés",...

"O son do nordés", exposición retrospectiva de Loli España

Do venres 31 de xaneiro ata o venres 28 de febreiro do 2025 17.00 a 21.00 horas - Pazo da Cultura (andar -1) Cultura

Loli España - O son do nordés

Cultura con Forza presenta unha nova exposición no Pazo da Cultura: O son do nordés. Trátase dunha retrospectiva de Loli España, unha artista plástica moi vinculada a Carballo que nesta mostra presenta algunhas das obras que foi creando dende que se licenciou en Belas Artes. Poderán aprezarse as diferentes etapas do seu proceso creativo desde o ano 2000 a través de 25 anos de andaina que agora nos ofrece en forma de paisaxes, pezas abstractas ou mesmo retratos. Obras cheas de fantasía recreadas con materiais de experimentación e fundidas coas cores tradicionais nunha procura permanente.

Loli España viviu entre A Coruña, Ourense e Pontevedra ata que no ano 2002, cando se mudou a vivir ao lugar onde naceron os seus antergos, moi preto de Carballo, un espazo máxico para ela, no que de cando en cando peta o nordés. Quen se acheguen ao Pazo da Cultura poderán desfrutar dunha selección de preto de 20 obras que inclúen técnicas moi variadas, que van desde óleo a pintura acrílica ou con soportes tan diversos como metacrilato, espello ou mesmo táboa.

Loli España asegura que “pinta polo pracer de pintar”, tendo sempre presente o obxectivo de crear un proxecto de “ledicia, respecto, educación e felicidade”. A artista ten levado as súas obras a lugares como o Museo MIHL de Lugo ou a Casa de Galicia en Madrid, entre outros.

A inauguración da exposición terá lugar o venres 31 de xaneiro ás 20.00 horas no andar -1 do Pazo da Cultura e estará amenizada por Susana de Lorenzo, contando coas filmacións de Jesús ArtÉxtasis. A mostra poderá verse do venres 31 de xaneiro ao venres 28 de febreiro en horario de luns a sábado de 17.00 a 21.00 horas.

Compartir:


- 2025 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D