Inicio Carballo ao día Axenda Primavera enDanza arrinca coa estrea do...

Primavera enDanza arrinca coa estrea do espectáculo de Paula Quintas "Aurora Boreal"

Venres 28 de marzo do 2025 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Primavera enDanza 2025 - Paula Quintas

Paula Quintas regresa de novo ao noso escenario para estrear a súa nova produción: Aurora boreal. Unha proposta inmersiva na que se reflexiona sobre a durabilidade das cousas, a través dun elemento escenográfico efémero: o xeo. Da man de dúas excelentes creadoras e autoras, Paula Quintas e Rut Balbís, a peza pon o foco na simboloxía das auroras boreais, e a súa fugacidade.

Intérprete: Paula Quintas.
Deseño de iluminación: Octavio Mas.
Escenografía: Paula Quintas e Carla Andrade.
Música: Macarena Montesinos e Nacho Muñoz.
Autoría e coreografía: Paula Quintas e Rut Balbís.
Dirección: Rut Balbís

50 min | A partir de 12 anos | 5 € / 3 €

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir:


- 2025 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D