"Paxariños (francés)" cos Ratos de Lonxedetodo
Mércores 2 de abril do 2025 18.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura
Nova cita cos Ratos de Lonxedetodo, de Trinketrinke Teatro, na Biblioteca Rego da Balsa para seguir contando historias aos nenos e nenas de 4 a 8 anos. Os ratos de Lonxedetodo teñen un xardín, turelí. No xardín hai un niño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Esperan que dese ovo enorme que nos amosan, naza un paxariño. E fan todos os preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible. Contos: "El gran libro del pollo Pepe", "Turelí, tureló", "Los pájaros".
- Neste caso haberá unha única sesión, e non dúas, como é habitual, ás 18.00 horas.
- Para asistir é imprescindible reservar praza chamando ao número de teléfono 981 758 580
- Máis abaixo podes descargar o folleto coa programación para este curso