Inicio Carballo ao día Axenda "Non. Aí non" cos Ratos de...

"Non. Aí non" cos Ratos de Lonxedetodo

Mércores 5 de marzo do 2025 17.30 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Ratos de Lonxedetodo

Os Ratos de Lonxedetodo, de Trinketrinke Teatro, volven á Biblioteca Rego da Balsa para seguir contando historias de aquí e de acolá aos nenos e nenas de 4 a 8 anos. Esta semana presentan "Non. Aí non", un contacontos para protexer á infancia dos abusos sexuais e que está supervisado por psicólogas especializadas. Da man de Lilí Gruyére, o tema é tratado dun xeito delicado, coidadoso e claro ao mesmo tempo. Inclúe os contos "Super niño" e "Estela, grita muy fuerte!".

  • Para asistir é imprescindible reservar praza chamando ao número de teléfono 981 758 580
  • Máis abaixo podes descargar o folleto coa programación para este curso

Descargas

Compartir:


- 2025 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D