Inicio Carballo ao día Axenda A exposición "Beléns do...

A exposición "Beléns do mundo" amosa 315 beléns únicos

Do xoves 12 de decembro ata o domingo 12 de xaneiro do 2025 Museo de Bergantiños

O Museo de Bergantiños acolle a exposición Beléns do mundo, organizada polo Concello de Carballo e a Deputación da Coruña, na que podemos ver 315 dos máis de 2.500 beléns que atesoura o Museo Santxotena (Álava).

A exposición ofrece aos visitantes a oportunidade de viaxar polo mundo sen moverse de Carballo. Os beléns expostos mostran os costumes e tradicións de diferentes culturas a través da vestimenta e outros elementos. Ademais do valor cultural, Teresa Lafragua, comisaria da exposición, subliña a importancia social dos beléns e a tradición de montar o belén en familia. A exposición inclúe beléns que abordan temas sociais, como un belén de Palestina que apoia ás ONG e outro que representa á Sacra Familia como refuxiados con mantas da Cruz Vermella.

A exposición estará aberta ata o 12 de xaneiro no seguinte horario: os martes de 10:00 a 14:00 horas; de mércores a venres, de 10:00 a 14:00 e de 17:30 a 19:30; e os sábados e domingos de feira, de 11:00 a 14:00 horas.

Compartir:


- 2025 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D