Inicio Carballo ao día Axenda "Na túa man", narración...

"Na túa man", narración oral para peques con Raquel Queizás

Luns 25 de novembro do 2024 17.30 horas - Mercado municipal Benestar

Nellie Bly foi a primeira reporteira de periodismo de investigación e pioneira do xornalismo encuberto. Remexeu as conciencias coas súas atrevidas e perigosas reportaxes. Aquela mañá, por baixo da porta da reporteira, entrou unha nota anónima:“na túa man”, poñía.

Ao longo dunha inesperada investigación imos ir descubrindo historias e relatos para poñer en valor o respecto, a tolerancia e mais a comunicación dentro das relacións entre as persoas. Desmitificaremos o mal chamado “amor romántico” para darmos a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidindo nas causas, tipos e consecuencias. Viaxaremos na procura de novos modelos saudábeis de parella. Atoparemos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira, que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes. O cambio está nas nosas mans, o cambio está NA TÚA MAN.

Un espectáculo de narración de Raquel Queizás para nenos e nenas a partir de 3 anos.
Inscrición de balde en snl@carballo.gal

Compartir:


- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
29
30