Inicio Carballo ao día Axenda Comeza en Aldemunde unha nova rolda de consellos...

Comeza en Aldemunde unha nova rolda de consellos parroquiais

Xoves 10 de outubro do 2024 20.00 horas - Centro social Participación veciñal Consellos Parroquiais

Os consellos parroquiais retoman a súa actividade. Dende o Concello de Carballo queremos seguir fomentando a participación veciñal na xestión municipal, e os consellos parroquiais constitúen dende o ano 2017 unha canle fundamental. A primeira xuntanza desta nova rolda de xuntanzas polas parroquias terá lugar en Aldemunde.

Nestes momentos están constituídos 16 consellos parroquiais, nos que participan de xeito directo máis de 300 veciños e veciñas, e moitos máis de xeito indirecto, xa que antes da reunión cos representantes municipais é habitual que a veciñanza celebre xuntanzas abertas para recoller as propostas que despois serán trasladadas aos representantes municipais.

Nos consellos parroquiais participan o alcalde, Evencio Ferrero, e representantes de todos os grupos políticos municipais. Por parte da veciñanza hai participación do movemento asociativo, aínda que as portas están abertas a aquelas persoas que queiran sumarse a título individual. O obxectivo destes órganos de participación veciñal é recoller as propostas da cidadanía para telas en conta á hora de decidir sobre o investimento dos fondos públicos.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31