Inicio Carballo ao día Axenda Obradoiro de batik para mocidade e persoas adultas

Obradoiro de batik para mocidade e persoas adultas

Sábado 28 de setembro do 2024 11.30 horas - Escolas do Xardín Agra de Caldas

Dentro das actividades de lembranza ao pintor Francisco Miguel, con motivo do 88º aniversario do seu fusilamento e soterramento en Bértoa e o primeiro da exhumación dos seus restos no cemiterio desa parroquia, a Concellaría de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística organiza un obradoiro de batik para mocidade e persoas adultas.

Batik é unha técnica orixinaria da illa de Xava e que tamén se practica ao xeito tradicional no continente africano. Logo de estampar con cera o deseño, a tea somérxese en tinte téxtil e logo do lavado final e do secado queda un resultado semellante ao da imaxe anexa. Francisco Miguel aprendeu e practicou esta técnica, coa que queremos renderlle tamén unha pequena homenaxe artística.

Se queres participar inscríbete en comunicacion@carballo.gal. As prazas son limitadas.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D