Almorzo comunitario do Proxecto Aloumiños
Mércores 25 de setembro do 2024 11.00 horas - Pazo da Cultura Benestar
Este mércores 25, ás 11:00 horas, celebrarase no Pazo de Cultura un almorzo comunitario a cargo do Proxecto Aloumiños, impulsado polo Sergas e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia para fortalecer a vida comunitaria, os hábitos saudables e a saúde física e psíquica das persoas maiores. Se queres coñecer máis do proxecto, das actividades que se van desenvolver e pasar unha mañá entretida, inscríbete en andrea.alouminos@ceesg ou chamando ao 696 920 923.