"Océanos, lixo mariño e economía circular" MARES CIRCULARES COCA-COLA
Mércores 4 de setembro do 2024 ás 11:30 h no local social de Lema euqueroRB
"Océanos, lixo mariño e economía circular" MARES CIRCULARES COCA-COLA
![](media/../media/img/coca-cola.jpg)
No local social de Lema poderemos coñecer esta iniciativa sobre a importancia da eliminación do lixo dos nosos mares, con Antonio Castro, director de proxectos de Chelonia.
Mares Circulares, o proxecto mais ambicioso de Coca-Cola para a limpeza de entornos acuáticos e fondos mariños, a sensibilización da cidadanía e o desenvolvemento da economía circular en España e Portugal. O seu obxectivo é destacar a importancia do traballo colaborativo entre organizacións privadas e públicas na loita contra a problemática do lixo mariño e a degradación das nosas costas.